martes, 27 de junio de 2017

XONADA NAÚTICA

Dentro do Proxecto Deportivo de Centro, na tarefa referente a promoción deportiva e en colaboración co Clube de Regatas de Perillo, desenvolvemos unha actividade naútica para o alumnado de 5º de educación primaria sobre o contido de habilidades de deslizamento acuático.
A actividade comezou cunha camiñata desde o colexio ata a praia de Santa Cristina, ao longo do paseo marítimo da Ría do Burgo. Ao chegar á praia organizamos grupos de traballo e o alumnado practicou e experimentou as habilidades de deslizamento acuático sobre embarcacións de remo, kayaks e tablas de padel surf. Sen dúbida, foi unha actividade moi gratificante para o alumnado que lle levou a coñecer un pouco máis os deportes naúticos e apreciar e valorar as actividades no entorno natural máis cercano. Do mesmo xeito, serviu de actividade catártica para liberar tensións dos últimos días de curso e facer o final de curso un pouco máis agradable.
Achegamos video fotográfico sobre a actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario