Outra actividade organizada dentro do PDC foi o CORRECREO. Esta actividade organizouse no segundo e terceiro trimestre do curso e foi dirixida ao alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria.
A finalidade da mesma foi ocupar o tempo de lecer do alumnado de 1º curso facendo xogos dirixidos á mellora da carreira, onde o alumnado de 6º era o dinamizador.
A participación foi voluntaria tanto para o alumnado de 1º como de 6º curso, organizándose grupos entre o alumnado de 6º para dinamizar a actividade nos recreos. Desenvolvéronse xogos de todo tipo, fundamentalmente tradicionais como, polis y cacos, a pilla, o pano, carreiras de relevos, carreiras de obstáculos....
O grado de satisfacción mostrado polo alumnado foi alto e xa sabían que os mércores tiñan unha zona asignada para esta actividade a donde acudir e poder xogar cos máis grandes. Destacar a alta participación de nenas sobre nenos.
Para vindeiros cursos temos a intención de ampliala a máis cursos e introducila como unha actividade de organización do tempo de lecer no colexio.
Axuntamos enlace con video fotográfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario