miércoles, 30 de octubre de 2019

INFORMACIÓN: VI CARREIRA DO MAGOSTO

Axuntamos tríptico informativo sobre a VI edición da Carreira do Magosto que se vai a desenvolver neste colexio proximamente. Nesta edición contaremos coa participación do CEIP GRAXAL no nivel de 4º curso. Agradecemos de antemán a súa dispoñibilidade e esperamos seguir contando coa súa participación e a doutros colexios en vindeiras edicións.

                        ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!!



miércoles, 23 de octubre de 2019

PROMOCIÓN DEPORTIVA:REMO

O pasado venres 11 de outubro desenvolveuse a actividade combinada de camiñata ata a praia de Sta. Cristina e unha sesión de remo de iniciación nas modalidades de banco fixo(batel) e banco móbil(yoleta).
Esta actividade está incluída dentro das tarefas propostas no Proxecto Deportivo de Centro e ten como obxectivo dar a coñecer os diferentes deportes minoritarios entre o alumnado do centro.
O alumnado puido experimentar diferentes sensacións nunha embarcación de banco móbil e unha de banco fixo, ademáis de practicar a remada no remoergómetro(máquina de remar en terra). Dispuxeron tamén dun tempo para disfrutar duns xogos organizados na praia.
Esta actividade organizouse en colaboración co Clube de Regatas de Perillo, que dende hai uns anos ven colaborando neste proxecto deportivo.
Do mesmo xeito e paralelo a esta acividade de promoción deportiva, o mércores 16 de outubro, desenvolveuse unha sesión que vincula o deporte do remo co medio natural no que se desenvolve, dando a coñecer nunha charla as carácterísticas mediambientais, sociais e culturais do Golfo Ártabro Sur, a importancia do mar e o remo para o desenvolvemento destas sociedades, a necesidade de cuidar e conservar o entorno, así coma a utilidade de reciclar e reutilizar o lixo.
Un dos obxectivos do noso proxecto deportivo neste curso é vincular as prácticas deportivas coas boas prácticas medioambientais e o respeito á natureza, tendando facer da práctica deportiva un eixe vertebrador doutras conductas e prácticas sociais, así como darlle á actividade deportiva un carácter interdisciplinar dentro do currículo.