sábado, 29 de abril de 2017

RESULTADOS PROBA ATLETISMO EN PISTA INFANTIL(BASTIAGUEIRO 29/04/17)

Axuntamos enlace para visualizar resultados das probas de atletismo en pista na categoría infantil, celebradas nas pistas do INEF, onde o ATLÉTICO PORTOFARO estivo presente en diferentes modalidades. 
Como sempre, os atletas de noso equipo esforzáronse e tentaron obter os mellores resultados e disfrutaron nunha experiencia deportiva máis nas súas vidas. Esperamos que algún atleta da categoría infantil nos represente o vindeiro 20 de maio no campionato provincial nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal.
     
                         ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!
  
RESULTADOS XERAIS

                                     RESULTADOS PARCIAIS










sábado, 8 de abril de 2017

RESULTADOS 2ª PROBA DE ATLETISMO EN PISTA BENXAMÍN E ALEVÍN(BASTIAGUEIRO)

Un día máis @s atletas do ATLÉTICO PORTOFARO participaron nas probas de atletismo nas pistas do INEF(Bastiagueiro), nas categorías benxamín e alevín. A pesar do intenso calor existente nas probas que participaron, superaron con éxito e esforzo as diferentes probas, nas que algunh@s melloraron os seus rexistros persoais. 
Sen dúbida a proba reina para nós foron os 2000 metros na categoría alevín, na que se estreaban tod@s os atletas participantes, afrontando esta con decisión e incertidumbre, pero ao final o resultado foi moi positivo para a súa educación persoal e deportiva.
Finalizadas as probas clasificatorias esperamos poder participar cun considerable número de atletas no campionato provincial de atletismo en pista.
Achegamos enlace para visualizar os resultados da proba.

                          ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO


RESULTADOS XERAIS

                                      RESUMO RESULTADOS