lunes, 22 de enero de 2018

RESULTADOS PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

De discreta podemos destacar a actuación do alumnado na proba intercomarcal de campo a través no circuito dos Menhires este sabado 20 de xaneiro. Aunque non conseguimos o obxectivo de clasificar ningún atleta individualmente ou por equipos, estos esforzáronse e disfrutaron da xornada deportiva e dunhas condicións meteorolóxicas optimas para a práctica do atletismo. 
Con algunhas baixas de última hora mantivemos o tipo, tendo como rivais aos equipos de atletismo da comarca, o que fai que a nivel escolar sexa máis dificultoso obter unha clasificación ou aspirar ao logro de medallas. 
Desde aquí felicitar a todos os colexios que clasificaron algún equipo ou atleta individualmente, somos conscientes da importancia para manter o carácter escolar desta competición. Animar a todo o alumnado a seguir neste camiño e focalizar os esforzos nas seguintes probas de atletismo en pista.
A continuación presentamos as clasificacións das categorías onde estivemos representados.

                     Ánimo !!!ATLÉTICO PORTOFARO!!!!

                                    BENXAMÍN FEMININO


                                   ALEVÍN MASCULINO
                                    ALEVÍN FEMININO
                                                     INFANTIL FEMININO

jueves, 18 de enero de 2018

PRESENTACION EQUIPOS PARTICIPANTES NA PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

O mércores 17 de xaneiro tivo lugar a presentación e entrega de indumentaria deportiva aos diferentes equipos que nos representarán na proba intercomarcal de campo a través. Os deportistas estrenarán camisetas e chandal-sudareira co novo logotipo do ATLETICO PORTOFARO. Esperamos que sexa unha motivación a maiores para conseguir o obxectivo de ter unha representación no campionato escolar provincial de campo a través.


                                                    EQUIPO BENXAMÍN FEMININO
                                      (KENIA-UXÍA-MARTINA-AROA-LUCÍA-ROCÍO)




                                                      EQUIPO ALEVÍN MASCULINO
                                            (XOEL-LEO-RAUL-CARLOS-JORGE-JAVI)


                                     INDIVIDUAL ALEVÍN FEMININO(JUNE)

miércoles, 10 de enero de 2018

NORMATIVA PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (OS MENHIRES-A CORUÑA)

Axuntamos normativa para a proba intercomarcal de campo a través que se vai a desenvolver o vindeiro sábado 20 de xaneiro nos Menhires (A Coruña). A esta proba acudiremos con tres equipos clasificados e dúas atletas individuais, co obxectivo de clasificar algún equipo ou atleta para a fase Provincial.