martes, 26 de marzo de 2019

ATLETISMO EN PISTA


Durante este mes de marzo e abril están desenvolvendose as probas de atletismo en pista nas diferentes categorías. Estas probas teñen lugar nas pistas de atletismo do INEF(Bastiagueiro) e nas pistas da Malata(Ferrol).
Desde o colexio tentaremos participar no maior número posible de días e probas, dando a coñecer esta modalidade atlética a todo o alumnado que participou nas probas de campo a través e participa na actividade extraescolar de atletismo.
Desde este apartado do blog iremos poñendo enlaces dos resultados das probas nas que imos participando, así como no taboleiro deportivo do colexio.
Esperamos unha boa participación e a mellora de marcas persoais dos atletas que participaron en edicións anteriores e agradecemos a colaboración da ANPA A Curuxa, poñendo a disposición do colexio recursos humanos para colaborar na organización da actividade deportiva.

                                     ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O pasado 22 de febreiro desenvolveuse a primeira carreira do campionato provincial de campo a través escolar en Noia. Cabe destacar a boa organización da proba e dar a noraboa aos organizadores para  seguir neste camiño de promocionar a práctica deportiva en xeral e o atletismo en particular. 
En cuanto aos resultados acadados polo colexio, destacar a UXIA FARIÑA PENELAS, atleta benxamín feminino que se proclamou Campiona Provincial na súa categoría, facendo unha excelente carreira. Sen dúbida será un referente para vindeiras edicións e unha motivación para o equipo da categoría que obtivo o 5º posto na clasificación xeral.
O equipo alevín masculino acadou o 6º posto na clasificación xeral e seguro que nas probas de atletismo en pista esforzaranse por conseguir mellorar as súas marcas persoais. Tanto DIEGO PAZOS como JUNE FANDIÑO,  representaron ao colexio nas categorías benxamín masculino e infantil feminino respectivamente e a nivel individual.
Axuntamos enlace de clasificación nas diferentes categorías.


                   RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS