O pasado 22 de febreiro desenvolveuse a primeira carreira do campionato provincial de campo a través escolar en Noia. Cabe destacar a boa organización da proba e dar a noraboa aos organizadores para seguir neste camiño de promocionar a práctica deportiva en xeral e o atletismo en particular.
En cuanto aos resultados acadados polo colexio, destacar a UXIA FARIÑA PENELAS, atleta benxamín feminino que se proclamou Campiona Provincial na súa categoría, facendo unha excelente carreira. Sen dúbida será un referente para vindeiras edicións e unha motivación para o equipo da categoría que obtivo o 5º posto na clasificación xeral.
O equipo alevín masculino acadou o 6º posto na clasificación xeral e seguro que nas probas de atletismo en pista esforzaranse por conseguir mellorar as súas marcas persoais. Tanto DIEGO PAZOS como JUNE FANDIÑO, representaron ao colexio nas categorías benxamín masculino e infantil feminino respectivamente e a nivel individual.
Axuntamos enlace de clasificación nas diferentes categorías.
Axuntamos enlace de clasificación nas diferentes categorías.
RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS
No hay comentarios:
Publicar un comentario