lunes, 20 de febrero de 2017

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O sábado 18 de febreiro desenvolveuse na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de campo a través, onde o Atlético Portofaro estivo representado nas categorías benxamín masculino, alevín femenino e masculino. O día que nun principio foi moi chuvioso, fixo posibñe cás competicións se desenvolveran nun clima favorable para a práctica deportiva.
O equipo benxamín masculino, composto por Carlos, Leo, Nico, Javi, Adrian e Jose Manuel foi o subcampeón Provincial na categoría, superando a outros equipo que nun principio considerábamos superiores. Con este resultado ampliamos o medallero e logros da temporada en campo a través. Destacar este resultado, como o primeiro por equipos nunha proba do campionato provincial e esperamos que sexa o comezo de novos éxitos futuros.
En cuanto á participación individual na categoría alevín, Amaia e David, dicir que os nosos atletas non estuvieron ao nivel esperado, pero confiamos que nun futuro próximo demostrarán as súas capacidades e habilidades na práctica do atletismo. 
Desde aquí agradecer a colaboración das familias, do colexio en xeral e animalos a seguir formando parte desta comunidad deportiva que conforma o Atlético Portofaro. 
Axuntamos resultados das probas onde participaron os nosos atletas(para visualizar mellor as imaxes pinchar no documento e abrir en nova xanela e ampliar).

                        ¡¡¡ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!