viernes, 29 de noviembre de 2019

PROTOCOLO DE ACCIDENTE DEPORTIVO ESCOLAR(2019-20)

Axuntamos protocolo para asistencia médica ante un accidente producido en calquera proba deportiva dentro do programa XOGADE.

                  PROTOCOLO ACCIDENTE DEPORTIVO

miércoles, 20 de noviembre de 2019

NOVO APRAZAMENTO VI CARREIRA DO MAGOSTO

Informamos de novo aprazamento da carreira do magosto por condicións meteorolóxicas adversas. Dado que non temos reservado outro día para esta proba, a data adaptarase a un día que se prevean unhas boas condicións meteorolóxicas e non se teña programada ningunha actividade complementaria ou extraescolar no colexio. A data será dada a coñecer coa sufiente antelación.
GRACIAS pola vosa colaboración.






miércoles, 13 de noviembre de 2019

2º APRAZAMENTO DA VI CARREIRA DO MAGOSTO

Tendo en conta a previsión de condicións meteorolóxicas adversas o venres 15, aprazamos a carreira do magosto para o vindeiro venres 22 de novembro. De non poder desenvolverse nesa xornada, elexiremos un día no que se garantice o desenvolvemento da proba, do cal avisarase coa debida antelación.
Gracias pola vosa colaboración.


viernes, 8 de noviembre de 2019

CONCURSO CARTEL VI CARREIRA DO MAGOSTO

Durante o mes de outubro desenvolveuse o concurso para selección do cartel da VI Carreira do Magosto entre o alumnado de educación primaria e coa colaboración do profesorado que imparte plástica. Como en edicións anteriores participou todo o alumnado de primaria e continuamos mellorando a calidade dos traballos presentados. Vemos que cada ano a implicación do alumnado e maior e dificulta a selección do cartel.
A continuación presentamos o cartel seleccionado que encabezará a portada deste blogue, así como figurará na portada do tríptico informativo da carreira; tendo o privilexio de pasar a formar parte da exposición de carteis existentes no pasillo, coa colaboración do alumnado que acude ás clases de pintura na actividade extraescolar, encargados de pasar ese traballo a un lienzo.
O cartel seleccionado vai acompañado dos carteis finalistas nesta 6º edición.
Agradecemos o esforzo de todo o alumnado e animámoslos a seguir nesta liña.

                                      MOITAS GRACIAS!!!!! 


                                                      CANDELA VELÁZQUEZ 6ºA



CARLOS MORENTE 6ºB


CRISTINA COSTA 5ºA


TANIA 2º A


BRAIS 1ºA


ANTÍA CAMPOS 5ºA


ALEJANDRA CRIADO 6ºB



ANDREA MORALES 6ºA



JAIME REY 6ºA



ALEJANDRA RODRÍGUEZ 6ºA



ADRIANA 1ºB




RAN YANG 5º

UXÍA SELLÁN 5ºA



MARÍA COLL 5ºB




AMAYA VICENTE 4ºA

miércoles, 6 de noviembre de 2019

APRAZAMENTO VI CARREIRA DO MAGOSTO

Debido ás previsións meteorolóxicas adversas para mañá xoves 7, aprázase a VI edición da Carreira do Magosto para o próximo venres 15 de novembro, no mesmo horario.