jueves, 23 de noviembre de 2017

RESULTADOS IV CARREIRA DO MAGOSTO

Axuntamos resultados da IV CARREIRA DO MAGOSTO. Establécense os resultados individuais por cursos e a clasificación por equipos. Si detectades algún posible erro comunicarllo ao profe.








martes, 21 de noviembre de 2017

CARREIRA LOCAL "AS MARIÑAS"

Xa temos data para a primeira proba clasificatoria de campo a través. Este ano a proba local das Mariñas desenvolverase antes das festa navideñas, así que nenos e nenas coller enerxías para poder clasificarnos o maior número de equipos para a proba Comarcal e así comer os postres navideños con tranquilidade. 
Xa sabedes que esta proba é voluntaria e podedes acudir todos aqueles que queirades en representación do colexio. Así que desde aquí animarvos a participar e continuar coa preparación cara as vindeiras competicións. Estou convencido de que teremos unha destacada actuación.
Achegamos normativa da proba e datas para posteriores probas do calendario escolar de campo a través.




 

viernes, 10 de noviembre de 2017

NOVO APRAZAMENTO DA CARREIRA DO MAGOSTO

A inestabilidade das condicións meteorolóxicas fixeron que de novo tivésemos que aprazar a carreira do magosto. Esperamos que o vindeiro venres 17, ao terceiro intento,  poidamos descargar as enerxías nesta carreira tan esperada e desexada por tod@s.
Se non fora posible, buscaremos un día calquera da semana e avisaremos coa antelación suficiente para poder acudir ao desenvolvemento da mesma. Contamos coa vosa presencia e agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

jueves, 2 de noviembre de 2017

APRAZAMENTO IV CARREIRA DO MAGOSTO

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS APRÁZASE A IV CARREIRA DO  MAGOSTO PARA O VINDEIRO VENRES 10 DE NOVEMBRO NO HORARIO ESTABLECIDO.

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN