miércoles, 28 de junio de 2017

XOGANDO Á CHAVE


Durante o mes de xuño e tendo como contido de traballo os xogos e deportes tradicionais, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria coñeceu e practicou o deporte tradicional da CHAVE.
Esta actividade desenvolveuse ao mesmo tempo como tarefa do Proxecto Deportivo de Centro dentro do apartado de promoción de deportes tradicionais e minoritarios. Para elo contamos coa colaboración da Asociación Amigos da Barcala e desprazámonos ás instalacións que teñen anexas ao colexio, para a súa práctica.
Dentro desta actividade puideron coñecer os espazos onde se practica, os materiais utilizados e as normas do xogo. Experimentaron facendo lanzamentos desde diferentes posicións e ao final fixemos unha minicompetición por grupos ou equipos de traballo.
A experiencia foi moi interesante e o alumnado agradeceu a asistencia a esta instalación e a colaboración das persoas implicadas que forman parte da asociación.
De cara  ao vindeiro curso continuaremos con esta actividade e tentaremos desde o colexio promocionar este deporte tradicional que temos tan cercano.
Agradecer a colaboración de Jesús e os demais compoñentes desta asociación por favorecer esta actividade.
Axuntamos enlace con video fotográfico da actividade.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124639159k6880917o1l1/a-chave-2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario