Outra actividade desenvolvida dentro do Proxecto Deportivo de Centro coa finalidade de promocionar os deportes minoritarios, foi a esgrima. Aproveitando o traballo sobre capacidades físicas en 4º curso de Educación Primaria e coa colaboración do clube Esgrima Coruña, desenvolvemos unha unidade utilizando como contido o deporte da esgrima e as diferentes capacidades físicas que se requiren na súa aprendizaxe e práctica.
Nesta unidade o alumnado familiarizouse coa terminoloxía específica da esgrima e desenvolveu as capacidades físicas utilizando xogos para aprendizaxe de posicións básicas, desprazamentos e manipulación de obxetos.
Ao finalizar fíxose un RETO ESGRIMA, onde un número determinado de alumn@s de cada grupo de 4º utilizaron e experimentaron unha competición de esgrima con materias de competición.
Ao finalizar entrgáronse medallas a todo o alumnado, cortesía do Clube Esgrima Coruña, ao cal agradecemos a súa colaboración desinteresada.
Axuntamos videos fotográficos da actividade.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124413937k6284328o1l1/esgrima-na-escola-2017
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124416025k8762258o1l1/reto-esgrima
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124413937k6284328o1l1/esgrima-na-escola-2017
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124416025k8762258o1l1/reto-esgrima
No hay comentarios:
Publicar un comentario