jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO

O venres 23 de xuño finaliza a actividade extraescolar de atletismo. Esta actividade organizada pola ANPA "A CURUXA" está vinculada ao Proxecto Deportivo de Centro e o traballo realizado polo profesor Carlos, así como a participación dun número de alumnado do centro, está contribuíndo en gran medida á mellora dos resultados acadados nas competicións.
Durante este curso incrementouse a participación, contamos con 20 nen@s, e esperamos que no vindeiro curso esta se aumente a un número maior e o alumnado de máis idade sea un estímulo para os mais pequenos.
Desde aquí facer un chamamento a tod@s aqulos que estean interesados en participar nesta actividade para o próximo curso, lembrando que a actividade desenvolverase os venres en horario de 16 a 17 horas.
Agradecer a colaboración da ANPA e do profe Carlos e animalos a seguir colaborando nos vindeiros cursos.

GRACIAS!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario