jueves, 29 de junio de 2017

CORRETEANDO: BOLETIN DEPORTIVO nº 3


Axuntamos Boletín Deportivo nº 3 "CORRETEANDO" onde vos mantemos informados de toda a actividade deportiva desenvolvida durante o presente curso:





miércoles, 28 de junio de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PINTURA: CUADRO "3ª CARREIRA DO MAGOSTO"

Como en cursos anteriores o alumnado que asistiu á actividade extraescolar de pintura, colaborou directamente neste proxecto elaborando o cuadro do cartel da 3ª Carreira do Magosto. A diferenza de cursos anteriores fíxose nun lienzo e pasará a ocupar un lugar destacado no halll de pasillo, acompañando aos feitos para a 1ª e 2ª edición.
Agradecer a colaboración deste alumnado e do profesorado da actividade e animalos a seguir colaborando en posteriores edicións. Para o curso que ven xa lles temos adxudicada a elaboración do logotipo deportivo do colexio.
MOITAS GRACIAS A TOD@S


CORRECREO

Outra actividade organizada dentro do PDC foi o CORRECREO. Esta actividade organizouse no segundo e terceiro trimestre do curso e foi dirixida ao alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria.
A finalidade da mesma foi ocupar o tempo de lecer do alumnado de 1º curso facendo xogos dirixidos á mellora da carreira, onde o alumnado de 6º era o dinamizador.
A participación foi voluntaria tanto para o alumnado de 1º como de 6º curso, organizándose grupos entre o alumnado de 6º para dinamizar a actividade nos recreos. Desenvolvéronse xogos de todo tipo, fundamentalmente tradicionais como, polis y cacos, a pilla,  o pano, carreiras de relevos, carreiras de obstáculos....
O grado de satisfacción mostrado polo alumnado foi alto e xa sabían que os mércores tiñan unha zona asignada para esta actividade a donde acudir e poder xogar cos máis grandes. Destacar a alta participación de nenas sobre nenos.
Para vindeiros cursos temos a intención de ampliala a máis cursos e introducila como unha actividade de organización do tempo de lecer no colexio.
Axuntamos enlace con video fotográfico.

XOGANDO Á CHAVE


Durante o mes de xuño e tendo como contido de traballo os xogos e deportes tradicionais, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria coñeceu e practicou o deporte tradicional da CHAVE.
Esta actividade desenvolveuse ao mesmo tempo como tarefa do Proxecto Deportivo de Centro dentro do apartado de promoción de deportes tradicionais e minoritarios. Para elo contamos coa colaboración da Asociación Amigos da Barcala e desprazámonos ás instalacións que teñen anexas ao colexio, para a súa práctica.
Dentro desta actividade puideron coñecer os espazos onde se practica, os materiais utilizados e as normas do xogo. Experimentaron facendo lanzamentos desde diferentes posicións e ao final fixemos unha minicompetición por grupos ou equipos de traballo.
A experiencia foi moi interesante e o alumnado agradeceu a asistencia a esta instalación e a colaboración das persoas implicadas que forman parte da asociación.
De cara  ao vindeiro curso continuaremos con esta actividade e tentaremos desde o colexio promocionar este deporte tradicional que temos tan cercano.
Agradecer a colaboración de Jesús e os demais compoñentes desta asociación por favorecer esta actividade.
Axuntamos enlace con video fotográfico da actividade.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124639159k6880917o1l1/a-chave-2017

martes, 27 de junio de 2017

ESGRIMA NA ESCOLA

Outra actividade desenvolvida dentro do Proxecto Deportivo de Centro coa finalidade de promocionar os deportes minoritarios, foi a esgrima. Aproveitando o traballo sobre capacidades físicas en 4º curso de Educación Primaria e coa colaboración do clube Esgrima Coruña, desenvolvemos unha unidade utilizando como contido o deporte da esgrima e as diferentes capacidades físicas que se requiren na súa aprendizaxe e práctica.
Nesta unidade o alumnado familiarizouse coa terminoloxía específica da esgrima e desenvolveu as capacidades físicas utilizando xogos para aprendizaxe de posicións básicas, desprazamentos e manipulación de obxetos.
Ao finalizar fíxose un RETO ESGRIMA, onde un número determinado de alumn@s de cada grupo de 4º utilizaron e experimentaron unha competición de esgrima con materias de competición.
Ao finalizar entrgáronse medallas a todo o alumnado, cortesía do Clube Esgrima Coruña, ao cal agradecemos a súa colaboración desinteresada.

XONADA NAÚTICA

Dentro do Proxecto Deportivo de Centro, na tarefa referente a promoción deportiva e en colaboración co Clube de Regatas de Perillo, desenvolvemos unha actividade naútica para o alumnado de 5º de educación primaria sobre o contido de habilidades de deslizamento acuático.
A actividade comezou cunha camiñata desde o colexio ata a praia de Santa Cristina, ao longo do paseo marítimo da Ría do Burgo. Ao chegar á praia organizamos grupos de traballo e o alumnado practicou e experimentou as habilidades de deslizamento acuático sobre embarcacións de remo, kayaks e tablas de padel surf. Sen dúbida, foi unha actividade moi gratificante para o alumnado que lle levou a coñecer un pouco máis os deportes naúticos e apreciar e valorar as actividades no entorno natural máis cercano. Do mesmo xeito, serviu de actividade catártica para liberar tensións dos últimos días de curso e facer o final de curso un pouco máis agradable.
Achegamos video fotográfico sobre a actividade.

jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO

O venres 23 de xuño finaliza a actividade extraescolar de atletismo. Esta actividade organizada pola ANPA "A CURUXA" está vinculada ao Proxecto Deportivo de Centro e o traballo realizado polo profesor Carlos, así como a participación dun número de alumnado do centro, está contribuíndo en gran medida á mellora dos resultados acadados nas competicións.
Durante este curso incrementouse a participación, contamos con 20 nen@s, e esperamos que no vindeiro curso esta se aumente a un número maior e o alumnado de máis idade sea un estímulo para os mais pequenos.
Desde aquí facer un chamamento a tod@s aqulos que estean interesados en participar nesta actividade para o próximo curso, lembrando que a actividade desenvolverase os venres en horario de 16 a 17 horas.
Agradecer a colaboración da ANPA e do profe Carlos e animalos a seguir colaborando nos vindeiros cursos.

GRACIAS!!!!