jueves, 21 de diciembre de 2017

RESULTADOS PROBA CAMPO A TRAVÉS "AS MARIÑAS"

Xa temos os resultados da proba clasificatoria de campo a través, na que o ATLETICO PORTOFARO clasificou a tres equipos para a proba intercomarcal que se vai a desenvolver no circuito da Torre de Hércules o vindeiro 20 de xaneiro.
Os equipos clasificados son o benxamín feminino, o alevín masculino e o infantil feminino. A nivel individual clasificáronse JUNE FANDIÑO e NADIA LONGUEIRA na categoría alevín feminino. Confiamos que nos representarán con ilusión e esforzo e os animamos a seguir no bo camiño.
Resaltar a participación na proba das Mariñas, onde comprobamos que os colexios participantes demostran un bo nivel participativo, xa que a partir deste momento as carreiras adquiren outro nivel pola participación nas mesmas dos clubes deportivos de atletismo. 


                                     ÁNIMO ATLETICO PORTOFARO!!!!


Axuntamos enlace onde podedes ver o posto acadado na proba clasificatoria das Mariñas:

 CLASIFICACIÓN PROBA "AS MARIÑAS"

martes, 12 de diciembre de 2017

CIRCULAR INFORMATIVA PROBA LOCAL CAMPO A TRAVÉS DAS MARIÑAS

Axuntamos circular informativa enviada ás familias para a participación na proba local de campo a través "As Mariñas", a desenvolver no parque de Acea De Ama o vindeiro xoves 14 de decembro. 
De existir algunha modificación por condicións meteorolóxicas adversas informaremos neste blog e na páxina web do colexio.

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!



 

jueves, 23 de noviembre de 2017

RESULTADOS IV CARREIRA DO MAGOSTO

Axuntamos resultados da IV CARREIRA DO MAGOSTO. Establécense os resultados individuais por cursos e a clasificación por equipos. Si detectades algún posible erro comunicarllo ao profe.








martes, 21 de noviembre de 2017

CARREIRA LOCAL "AS MARIÑAS"

Xa temos data para a primeira proba clasificatoria de campo a través. Este ano a proba local das Mariñas desenvolverase antes das festa navideñas, así que nenos e nenas coller enerxías para poder clasificarnos o maior número de equipos para a proba Comarcal e así comer os postres navideños con tranquilidade. 
Xa sabedes que esta proba é voluntaria e podedes acudir todos aqueles que queirades en representación do colexio. Así que desde aquí animarvos a participar e continuar coa preparación cara as vindeiras competicións. Estou convencido de que teremos unha destacada actuación.
Achegamos normativa da proba e datas para posteriores probas do calendario escolar de campo a través.




 

viernes, 10 de noviembre de 2017

NOVO APRAZAMENTO DA CARREIRA DO MAGOSTO

A inestabilidade das condicións meteorolóxicas fixeron que de novo tivésemos que aprazar a carreira do magosto. Esperamos que o vindeiro venres 17, ao terceiro intento,  poidamos descargar as enerxías nesta carreira tan esperada e desexada por tod@s.
Se non fora posible, buscaremos un día calquera da semana e avisaremos coa antelación suficiente para poder acudir ao desenvolvemento da mesma. Contamos coa vosa presencia e agradecemos a vosa colaboración e comprensión.

jueves, 2 de noviembre de 2017

APRAZAMENTO IV CARREIRA DO MAGOSTO

DEBIDO ÁS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS APRÁZASE A IV CARREIRA DO  MAGOSTO PARA O VINDEIRO VENRES 10 DE NOVEMBRO NO HORARIO ESTABLECIDO.

GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN


lunes, 30 de octubre de 2017

CONCURSO CARTEL "IV CARREIRA DO MAGOSTO"

Como nos anteriores cursos celebramos un concurso para elexir o cartel conmemorativo da cuarta edición da carreira do magosto. Neste concurso participou todo o alumnado de Educación Primaria e cada ano se fai máis difícil a elección, xa que a calidade dos traballos vaise incrementando.
O cartel elexido foi o de ALICIA ROSAL RODRÍGUEZ de 5ºB.
A continuación publicamos cartel elexido e carteis finalistas e seguimos animando a todo o alumnado a seguir participando e mellorando cara ós vindeiros cursos.

GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN!!!

                                          
                              CARTEL SELECCIONADO 




                                                   ALICIA ROSAL RODRÍGUEZ 5ºB
                                               

                                 CARTEIS FINALISTAS

                               
                                                               NEREA RIVAS 5ºB


                            
                                                                 JAIME REY 4ºA


                                                               PAULA EIROA 6ºA




                                                              AMAIA VIDAL 6ºA



                                                            ANTÍA FRANCO 1ºB



                                                     AITANA SOFÍA MORALES 3ºA



                                                          CANDELA ALDREY 5ºA



                                                           HELENA PONTE 4ºB

     

                                                        CARLOS MOSQUERA 6ºB



                                                                     RAN 3ºB



                                                          DANIEL ALCAZAR 1ºA



                                                             
                                                            IRENE SEIJAS 2ºB



                                                             UXÍA FARIÑA 2ºA

lunes, 23 de octubre de 2017

EQUIPAMENTO DEPORTIVO NOVO CURSO

Xa dispoñemos do novo equipamento deportivo para este curso. Desde o colexio e en colaboración coa ANPA "A Curuxa" adquiríronse 24 camisetas técnicas de atletismo e 15 chaquetas deportivas.
Esperamos que sexan do agrado de tod@s e unha motivación para que o noso proxecto deportivo siga medrando. Animar ao alumnado a formar parte do equipo deportivo alí onde se participe.
Con esta primeira adquisición esperamos cubrir as necesidades básicas dos equipos que participen nas diferentes probas deportivas e xa estamos pensando na adquisición de un maior número para o próximo ano.
Como plantexamos no proxecto deportivo, neste curso queremos promocionar o equipo entre toda a comunidade educativa e o noso logo xa vai impreso nas diferentes prendas que se vaian adquirindo.
A idea futura é non solo adquirir prendas para o equipo, se non tamen prendas que poidan ser adquiridas por calquera que forma parte desta comunidade educativa.

Gracias pola vosa colaboración!!!











lunes, 16 de octubre de 2017

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO CURSO 2017/18

A continuación mostramos o PDC "CORRETEANDO" a desenvolver durante este novo curso. Con el esparamos darlle un impulso deportivo mais ao noso colexio.






miércoles, 4 de octubre de 2017

BENVIDA AO NOVO CURSO DEPORTIVO

Damos a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso deportivo. Xa estamos traballando no proxecto de cara a esta nova edición, onde esperamos consolidar o noso proxecto deportivo e amplialo, mellorando a súa calidade e posta en acción.
Desde este blogue tentaremos ter informada a toda a comunidade educativa de todos os acontecementos deportivos que vaian xurdindo ao longo do curso e promocionar as diferentes actividades deportivas nas que participemos como centro educativo.
Animar a todo o alumnado, profesorado e familias a formar parte deste proxecto e  colaborar na medida do posible, así como agradecer a colaboración de clubes deportivos que se van unindo e queren ser partícipes do mesmo.

                                      ¡¡¡GRACIAS!!!

 

jueves, 29 de junio de 2017

CORRETEANDO: BOLETIN DEPORTIVO nº 3


Axuntamos Boletín Deportivo nº 3 "CORRETEANDO" onde vos mantemos informados de toda a actividade deportiva desenvolvida durante o presente curso:





miércoles, 28 de junio de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PINTURA: CUADRO "3ª CARREIRA DO MAGOSTO"

Como en cursos anteriores o alumnado que asistiu á actividade extraescolar de pintura, colaborou directamente neste proxecto elaborando o cuadro do cartel da 3ª Carreira do Magosto. A diferenza de cursos anteriores fíxose nun lienzo e pasará a ocupar un lugar destacado no halll de pasillo, acompañando aos feitos para a 1ª e 2ª edición.
Agradecer a colaboración deste alumnado e do profesorado da actividade e animalos a seguir colaborando en posteriores edicións. Para o curso que ven xa lles temos adxudicada a elaboración do logotipo deportivo do colexio.
MOITAS GRACIAS A TOD@S


CORRECREO

Outra actividade organizada dentro do PDC foi o CORRECREO. Esta actividade organizouse no segundo e terceiro trimestre do curso e foi dirixida ao alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria.
A finalidade da mesma foi ocupar o tempo de lecer do alumnado de 1º curso facendo xogos dirixidos á mellora da carreira, onde o alumnado de 6º era o dinamizador.
A participación foi voluntaria tanto para o alumnado de 1º como de 6º curso, organizándose grupos entre o alumnado de 6º para dinamizar a actividade nos recreos. Desenvolvéronse xogos de todo tipo, fundamentalmente tradicionais como, polis y cacos, a pilla,  o pano, carreiras de relevos, carreiras de obstáculos....
O grado de satisfacción mostrado polo alumnado foi alto e xa sabían que os mércores tiñan unha zona asignada para esta actividade a donde acudir e poder xogar cos máis grandes. Destacar a alta participación de nenas sobre nenos.
Para vindeiros cursos temos a intención de ampliala a máis cursos e introducila como unha actividade de organización do tempo de lecer no colexio.
Axuntamos enlace con video fotográfico.

XOGANDO Á CHAVE


Durante o mes de xuño e tendo como contido de traballo os xogos e deportes tradicionais, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria coñeceu e practicou o deporte tradicional da CHAVE.
Esta actividade desenvolveuse ao mesmo tempo como tarefa do Proxecto Deportivo de Centro dentro do apartado de promoción de deportes tradicionais e minoritarios. Para elo contamos coa colaboración da Asociación Amigos da Barcala e desprazámonos ás instalacións que teñen anexas ao colexio, para a súa práctica.
Dentro desta actividade puideron coñecer os espazos onde se practica, os materiais utilizados e as normas do xogo. Experimentaron facendo lanzamentos desde diferentes posicións e ao final fixemos unha minicompetición por grupos ou equipos de traballo.
A experiencia foi moi interesante e o alumnado agradeceu a asistencia a esta instalación e a colaboración das persoas implicadas que forman parte da asociación.
De cara  ao vindeiro curso continuaremos con esta actividade e tentaremos desde o colexio promocionar este deporte tradicional que temos tan cercano.
Agradecer a colaboración de Jesús e os demais compoñentes desta asociación por favorecer esta actividade.
Axuntamos enlace con video fotográfico da actividade.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d124639159k6880917o1l1/a-chave-2017

martes, 27 de junio de 2017

ESGRIMA NA ESCOLA

Outra actividade desenvolvida dentro do Proxecto Deportivo de Centro coa finalidade de promocionar os deportes minoritarios, foi a esgrima. Aproveitando o traballo sobre capacidades físicas en 4º curso de Educación Primaria e coa colaboración do clube Esgrima Coruña, desenvolvemos unha unidade utilizando como contido o deporte da esgrima e as diferentes capacidades físicas que se requiren na súa aprendizaxe e práctica.
Nesta unidade o alumnado familiarizouse coa terminoloxía específica da esgrima e desenvolveu as capacidades físicas utilizando xogos para aprendizaxe de posicións básicas, desprazamentos e manipulación de obxetos.
Ao finalizar fíxose un RETO ESGRIMA, onde un número determinado de alumn@s de cada grupo de 4º utilizaron e experimentaron unha competición de esgrima con materias de competición.
Ao finalizar entrgáronse medallas a todo o alumnado, cortesía do Clube Esgrima Coruña, ao cal agradecemos a súa colaboración desinteresada.

XONADA NAÚTICA

Dentro do Proxecto Deportivo de Centro, na tarefa referente a promoción deportiva e en colaboración co Clube de Regatas de Perillo, desenvolvemos unha actividade naútica para o alumnado de 5º de educación primaria sobre o contido de habilidades de deslizamento acuático.
A actividade comezou cunha camiñata desde o colexio ata a praia de Santa Cristina, ao longo do paseo marítimo da Ría do Burgo. Ao chegar á praia organizamos grupos de traballo e o alumnado practicou e experimentou as habilidades de deslizamento acuático sobre embarcacións de remo, kayaks e tablas de padel surf. Sen dúbida, foi unha actividade moi gratificante para o alumnado que lle levou a coñecer un pouco máis os deportes naúticos e apreciar e valorar as actividades no entorno natural máis cercano. Do mesmo xeito, serviu de actividade catártica para liberar tensións dos últimos días de curso e facer o final de curso un pouco máis agradable.
Achegamos video fotográfico sobre a actividade.

jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO

O venres 23 de xuño finaliza a actividade extraescolar de atletismo. Esta actividade organizada pola ANPA "A CURUXA" está vinculada ao Proxecto Deportivo de Centro e o traballo realizado polo profesor Carlos, así como a participación dun número de alumnado do centro, está contribuíndo en gran medida á mellora dos resultados acadados nas competicións.
Durante este curso incrementouse a participación, contamos con 20 nen@s, e esperamos que no vindeiro curso esta se aumente a un número maior e o alumnado de máis idade sea un estímulo para os mais pequenos.
Desde aquí facer un chamamento a tod@s aqulos que estean interesados en participar nesta actividade para o próximo curso, lembrando que a actividade desenvolverase os venres en horario de 16 a 17 horas.
Agradecer a colaboración da ANPA e do profe Carlos e animalos a seguir colaborando nos vindeiros cursos.

GRACIAS!!!!


jueves, 25 de mayo de 2017

ELECCIÓN DO LOGOTIPO DO ATLÉTICO PORTOFARO

Despois da participación do alumnado de primaria na elaboración do logotipo que vai representar ao equipo deportivo "ATLÉTICO PORTOFARO", temos que resaltar a calidade dalgunhos traballos e o interese do alumnado por facer un traballo vistoso e atractivo.
A elección dun traballo destas características non foi fácil e tivemos en conta a sencillez, claridade do traballlo e o significado que ten para o alumnado co diseña. Varios dos traballos foron elexidos como finalistas pero temos que salientar o elaborado por LAURA LÓPEZ PARDO de 6ºA.
Agradecer a participación de todo o alumnado e facelos partícipes do resultado, xa que o logotipo vainos representar a tod@s nas diferentes probas deportivas nas que se participe.

Sobre o traballo realizado por Laura, ela manifesta o significado do mesmo:
"Fixen este logotipo porque representa o espíritu deportivo do noso colexio. A pista de atletismo representa as carreiras que realizamos todos os anos. A parte verde é a herba que é por onde corremos nas carreiras. Debuxei a pista e a herba porque podemos correr por onde queiramos, porque choiva ou trone, non hai quen nos frene.
Por último o faro é unha homenaxe ao nome do noso colexio, que está a brillar porque é a luz que nos guía ata a victoria"             




                                                 LOGOTIPOS FINALISTAS


AITOR REY 3ºB

ALEJANDRA CRIADO 3ºB

ANGELA FONTECOBA 6ºB


ANTIA PAINCEIRAS 6ºA


IRENE SEIJAS 1ºB


JAIME REY 3ºA


MARÍA PATO2ºB


 MARTA PAREDES 6ºB
                                                            


                                                    MARTINA CASTRO 1ºB


                                                 NATALIA GARRIDO 4ºA   


                                                     NOA RODRIGUEZ 6ºB



                                                      MATEO SANCHEZ 3ºA 

























                                                      ANDREA DASILVA 2ºB