jueves, 27 de junio de 2019

PROMOCIÓN DEPORTIVA: WATERPOLO, CHAVE

Durante o presente curso contamos coa colaboración do Clube de Waterpolo Cambre, onde o alumnado de 3º, 5º e 6º recibiron información sobre a posibilidade de practicar WATERPOLO, características deste deporte e desenvolveron algún xogo práctico en terra. 
De cara ao vindeiro curso estudiarase a posibilidade de desprazar algún curso á piscina da Barcala para poder utilizala e facer xogos específicos deste deporte. 
A intención sería que este deporte pase a formar parte do noso Proyecto Deportivo de Centro, dándolle continuidade no tempo e poida ser coñecido polo alumnado do colexio, tal como se ven facendo con outros deportes.
Agradecerlle a Carlos e Marere a súa disponibilidade e vontade de seguir formando parte deste proxecto.



Este curso e dentro da unidade de Xogos e Deportes Tradicionais, tamén desprazamos ao alumnado de 2º e 6º á pista de chave, para que puideran coñecer a instalación, materiais e difrutar do deporte tradicional. Contamos coma sempre coa colaboración de Jesús, directivo da asociación de deportes tradicionais facilitando o uso da instalación en todo momento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario