Durante o presente curso ampliouse a actividade de CORRECREO a tódolos cursos de Educación Primaria e pasou de desenvolverse un día á semana(mércores) a dous(mércores e venres). Os mércores establecéronse dúas zonas de xogo, unha onde o alumnado de 5º xogaba co alumnado de 2º e outra onde os de 6º xogaban cos de 1º. O venres xogaban os de 3º e 4º na pista polideportiva.
O alumnado participou voluntariamente e dende o principio de curso elaborouse un calendario, onde o alumnado de 5º e 6º, dinamizadores da actividade propoñían xogos aos mais pequenos. Os cursos dinamizadores tiñan uns coordinadores, responsables de que o alumnado inscrito na actividade cumplira coa súa responsabilidade.
En xeral, podemos considerar de satisfactoria dita actividade, onde os mais pequenos sempre encontraba un lugar para relacionarse e xogar con outros compañeir@s do colexio. De cara ao vindeiro curso preveese organizar á actividade para o alumnado de E. Infantil e reorganizar a actividade en canto a días e grupos na Educación Primaria.
Agradecer a colaboración do alumnado de cursos superiores para organizar e controlar a actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario