Como no curso anterior, no mes de xuño, desenvolvemos co alumnado de 5º curso a actividade de iniciación ao deslizamento acuático. Esta actividade consistiu nunha camiñata desde o colexio ata a praia de Sta Cristina, onde o alumnado puido experimentar a habilidade de deslizamento no medio acuático sobre tablas de paddle surf, kayak e embarcacións de remo(batel).
Esta actividade resulta moi gratificante para o alumnado tendo en conta o momento no que se organiza, finalizando o curso, e ten moita aceptación.
Para organizar esta actividade contamos coa colaboración do Clube de Regatas Perillo, quen pon a disposición os monitores e materiais necesarios. De cara ao vindeiro curso este alumnado desenvolverá unha actividade de promoción do remo, utilizando embarcacións específicas de aprendizaxe.
Axuntamos algunha foto da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario