O pasado MARTES 14 de Maio desenvolveuse a 2º xornada de convivencia entre o CEIP WENCESLAO
FERNÁNDEZ FLÓREZ, CEIP DO GRAXAL E CEIP PORTOFARO, consistente nunha camiñata xunto co CEIP
WENCESLAO ata o CEIP GRAXAL e unha sesión de xogos no entorno natural deste
último centro. Esta actividade incluiuse no Proxecto Deportivo de Centro no presente curso
na proposta” CONviveCON”.
A actividade organízouse desde o departamento de Educación Física en colaboración co equipo de convivencia para
o alumnado de 6º curso dentro do horario lectivo e tivo un carácter voluntario.
A actividade consistiu en:
- Camiñata seguindo o paseo da
Ría do Burgo ata o CEIP GRAXAL (11 – 11:15 horas.
- Xogos de convivencia
aproveitando os recursos materiais do parque e paseo marítimo perto do colexio: xogos cooperativos, parkour
e parque biosaudable.(11:30 – 12:30 horas)
- Merenda da maña nas
instalacións do colexio.(12:30 – 12:45 horas.
- Volta camiñando ao colexio de
orixe. (12:45 – 13:15 horas)
A actividade tivo como
obxectivo darse a coñecer entre o alumnadode 6º que compartirá instituto na Educación Secundaria e compartir experiencias lúdicas en contornas próximas. Axuntamos algunha foto da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario