lunes, 2 de diciembre de 2019

VI CARREIRA DO MAGOSTO

Despois de varios aprazamentos por condicións meteorolóxicas adversas, este xoves 5 de decembro poderase desenvolver esta carreira xa que as prediccións son optimistas.
Todo o alumnado está pendente desta proba deportivo e con ganas de dar o mellor de sí , polo que invitamos a toda a comunidade educativa a disfrutar deste evento deportivo o vindeiro xoves.

Axuntamos previsión meteorolóxica e nota informativa para lembrar horarios e cor das camisetas que terá que traer cada curso.



viernes, 29 de noviembre de 2019

PROTOCOLO DE ACCIDENTE DEPORTIVO ESCOLAR(2019-20)

Axuntamos protocolo para asistencia médica ante un accidente producido en calquera proba deportiva dentro do programa XOGADE.

                  PROTOCOLO ACCIDENTE DEPORTIVO

miércoles, 20 de noviembre de 2019

NOVO APRAZAMENTO VI CARREIRA DO MAGOSTO

Informamos de novo aprazamento da carreira do magosto por condicións meteorolóxicas adversas. Dado que non temos reservado outro día para esta proba, a data adaptarase a un día que se prevean unhas boas condicións meteorolóxicas e non se teña programada ningunha actividade complementaria ou extraescolar no colexio. A data será dada a coñecer coa sufiente antelación.
GRACIAS pola vosa colaboración.






miércoles, 13 de noviembre de 2019

2º APRAZAMENTO DA VI CARREIRA DO MAGOSTO

Tendo en conta a previsión de condicións meteorolóxicas adversas o venres 15, aprazamos a carreira do magosto para o vindeiro venres 22 de novembro. De non poder desenvolverse nesa xornada, elexiremos un día no que se garantice o desenvolvemento da proba, do cal avisarase coa debida antelación.
Gracias pola vosa colaboración.


viernes, 8 de noviembre de 2019

CONCURSO CARTEL VI CARREIRA DO MAGOSTO

Durante o mes de outubro desenvolveuse o concurso para selección do cartel da VI Carreira do Magosto entre o alumnado de educación primaria e coa colaboración do profesorado que imparte plástica. Como en edicións anteriores participou todo o alumnado de primaria e continuamos mellorando a calidade dos traballos presentados. Vemos que cada ano a implicación do alumnado e maior e dificulta a selección do cartel.
A continuación presentamos o cartel seleccionado que encabezará a portada deste blogue, así como figurará na portada do tríptico informativo da carreira; tendo o privilexio de pasar a formar parte da exposición de carteis existentes no pasillo, coa colaboración do alumnado que acude ás clases de pintura na actividade extraescolar, encargados de pasar ese traballo a un lienzo.
O cartel seleccionado vai acompañado dos carteis finalistas nesta 6º edición.
Agradecemos o esforzo de todo o alumnado e animámoslos a seguir nesta liña.

                                      MOITAS GRACIAS!!!!! 


                                                      CANDELA VELÁZQUEZ 6ºA



CARLOS MORENTE 6ºB


CRISTINA COSTA 5ºA


TANIA 2º A


BRAIS 1ºA


ANTÍA CAMPOS 5ºA


ALEJANDRA CRIADO 6ºB



ANDREA MORALES 6ºA



JAIME REY 6ºA



ALEJANDRA RODRÍGUEZ 6ºA



ADRIANA 1ºB




RAN YANG 5º

UXÍA SELLÁN 5ºA



MARÍA COLL 5ºB




AMAYA VICENTE 4ºA

miércoles, 6 de noviembre de 2019

APRAZAMENTO VI CARREIRA DO MAGOSTO

Debido ás previsións meteorolóxicas adversas para mañá xoves 7, aprázase a VI edición da Carreira do Magosto para o próximo venres 15 de novembro, no mesmo horario. 



miércoles, 30 de octubre de 2019

INFORMACIÓN: VI CARREIRA DO MAGOSTO

Axuntamos tríptico informativo sobre a VI edición da Carreira do Magosto que se vai a desenvolver neste colexio proximamente. Nesta edición contaremos coa participación do CEIP GRAXAL no nivel de 4º curso. Agradecemos de antemán a súa dispoñibilidade e esperamos seguir contando coa súa participación e a doutros colexios en vindeiras edicións.

                        ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!!



miércoles, 23 de octubre de 2019

PROMOCIÓN DEPORTIVA:REMO

O pasado venres 11 de outubro desenvolveuse a actividade combinada de camiñata ata a praia de Sta. Cristina e unha sesión de remo de iniciación nas modalidades de banco fixo(batel) e banco móbil(yoleta).
Esta actividade está incluída dentro das tarefas propostas no Proxecto Deportivo de Centro e ten como obxectivo dar a coñecer os diferentes deportes minoritarios entre o alumnado do centro.
O alumnado puido experimentar diferentes sensacións nunha embarcación de banco móbil e unha de banco fixo, ademáis de practicar a remada no remoergómetro(máquina de remar en terra). Dispuxeron tamén dun tempo para disfrutar duns xogos organizados na praia.
Esta actividade organizouse en colaboración co Clube de Regatas de Perillo, que dende hai uns anos ven colaborando neste proxecto deportivo.
Do mesmo xeito e paralelo a esta acividade de promoción deportiva, o mércores 16 de outubro, desenvolveuse unha sesión que vincula o deporte do remo co medio natural no que se desenvolve, dando a coñecer nunha charla as carácterísticas mediambientais, sociais e culturais do Golfo Ártabro Sur, a importancia do mar e o remo para o desenvolvemento destas sociedades, a necesidade de cuidar e conservar o entorno, así coma a utilidade de reciclar e reutilizar o lixo.
Un dos obxectivos do noso proxecto deportivo neste curso é vincular as prácticas deportivas coas boas prácticas medioambientais e o respeito á natureza, tendando facer da práctica deportiva un eixe vertebrador doutras conductas e prácticas sociais, así como darlle á actividade deportiva un carácter interdisciplinar dentro do currículo.








jueves, 27 de junio de 2019

PROMOCIÓN DEPORTIVA: WATERPOLO, CHAVE

Durante o presente curso contamos coa colaboración do Clube de Waterpolo Cambre, onde o alumnado de 3º, 5º e 6º recibiron información sobre a posibilidade de practicar WATERPOLO, características deste deporte e desenvolveron algún xogo práctico en terra. 
De cara ao vindeiro curso estudiarase a posibilidade de desprazar algún curso á piscina da Barcala para poder utilizala e facer xogos específicos deste deporte. 
A intención sería que este deporte pase a formar parte do noso Proyecto Deportivo de Centro, dándolle continuidade no tempo e poida ser coñecido polo alumnado do colexio, tal como se ven facendo con outros deportes.
Agradecerlle a Carlos e Marere a súa disponibilidade e vontade de seguir formando parte deste proxecto.



Este curso e dentro da unidade de Xogos e Deportes Tradicionais, tamén desprazamos ao alumnado de 2º e 6º á pista de chave, para que puideran coñecer a instalación, materiais e difrutar do deporte tradicional. Contamos coma sempre coa colaboración de Jesús, directivo da asociación de deportes tradicionais facilitando o uso da instalación en todo momento.




ACTIVIDADE DE DESLIZAMENTO NO MEDIO ACUÁTICO

Como no curso anterior, no mes de xuño, desenvolvemos co alumnado de 5º curso a actividade de iniciación ao deslizamento acuático. Esta actividade consistiu nunha camiñata desde o colexio ata a praia de Sta Cristina, onde o alumnado puido experimentar a habilidade de deslizamento no medio acuático sobre tablas de paddle surf, kayak e embarcacións de remo(batel).
Esta actividade resulta moi gratificante para o alumnado tendo en conta o momento no que se organiza, finalizando o curso, e ten moita aceptación. 
Para organizar esta actividade contamos coa colaboración do Clube de Regatas Perillo, quen pon a disposición os monitores e materiais necesarios. De cara ao vindeiro curso este alumnado desenvolverá unha actividade de promoción do remo, utilizando embarcacións específicas de aprendizaxe.
Axuntamos algunha foto da actividade.


















miércoles, 26 de junio de 2019

BOLETÍN DEPORTIVO CORRETEANDO nº 5





CONviveCON: 2ª XORNADA CONVIVENCIA INTERCENTROS


O pasado MARTES 14 de Maio desenvolveuse a 2º xornada de convivencia entre o CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ, CEIP DO GRAXAL E CEIP PORTOFARO,  consistente nunha camiñata xunto co CEIP WENCESLAO ata o CEIP GRAXAL e unha sesión de xogos no entorno natural deste último centro. Esta actividade incluiuse no  Proxecto Deportivo de Centro no presente curso na proposta” CONviveCON”.
A actividade organízouse desde o departamento de Educación Física  en colaboración co equipo de convivencia para o alumnado de 6º curso dentro do horario lectivo e tivo un carácter voluntario.
A actividade consistiu en:
  -  Camiñata seguindo o paseo da Ría do Burgo ata o CEIP                   GRAXAL (11 – 11:15 horas.
  -  Xogos de convivencia aproveitando os recursos materiais do            parque e paseo marítimo  perto do colexio: xogos cooperativos,        parkour e parque biosaudable.(11:30 – 12:30 horas)
  -  Merenda da maña nas instalacións do colexio.(12:30 – 12:45            horas.
  -  Volta camiñando ao colexio de orixe. (12:45 – 13:15 horas)
A actividade tivo como obxectivo darse a coñecer entre o alumnadode 6º que compartirá instituto na Educación Secundaria e compartir experiencias lúdicas en contornas próximas. Axuntamos algunha foto da actividade.







CORRECREO CURSO 2018/19

Durante o presente curso ampliouse a actividade de CORRECREO a tódolos cursos de Educación Primaria e pasou de desenvolverse un día á semana(mércores) a dous(mércores e venres). Os mércores establecéronse dúas zonas de xogo, unha onde o alumnado de 5º xogaba co alumnado de 2º e outra onde os de 6º xogaban cos de 1º. O venres xogaban os de 3º e 4º na pista polideportiva.
O alumnado participou voluntariamente e dende o principio de curso elaborouse un calendario, onde o alumnado de 5º e 6º, dinamizadores da actividade propoñían xogos aos mais pequenos. Os cursos dinamizadores tiñan uns coordinadores, responsables de que o alumnado inscrito na actividade cumplira coa súa responsabilidade.
En xeral, podemos considerar de satisfactoria dita actividade, onde os mais pequenos sempre encontraba un lugar para relacionarse e xogar con outros compañeir@s do colexio. De cara ao vindeiro curso preveese organizar á actividade para o alumnado de E. Infantil e reorganizar a actividade en canto a días e grupos na Educación Primaria.
Agradecer a colaboración do alumnado de cursos superiores para organizar e controlar a actividade.

VIDEOS 2ª CARREIRA DAS FLORES

Axuntamos videos das diferentes probas da 2º Carreira das Flores, desenvolvida no colexio entre o alumnado de Educación Infantil no mes de maio.


                                     
                                    

                                    










martes, 4 de junio de 2019

RESULTADOS 2ª CARREIRA DAS FLORES

A continuación presentamos resultados da 2º Carreira das Flores a nivel individual e por equipos. Destacar a colaboración do alumnado de 5º e 6º curso, participante na actividade extraescolar de atletismo que colaborou na organización da proba e a excelente participación do alumnado de infantil e profesorado que puxeron a mellor de si para que a proba se desenvolvese satisfactoriamente.
Animar a tod@s a seguir nesta liña, motivando e ilusionando aos mais pequenos para que a actividade física e deportiva sexa un compoñente importante no seu desenvolvemento.









martes, 21 de mayo de 2019

CONCURSO CARTEL 2ª CARREIRA DAS FLORES

Como no curso anterior para a organización da 2ª Carreira das Flores, desenvolveuse entre o alumnado de Educación Infantil un concurso para a selección do cartel desta carreira. A continuación expoñemos o cartel elexido e os finalistas. O cartel elexido foi realizado polo grupo de 4 anos B.
 O cartel elexido será reproducido a  maior tamaño polo alumnado có vindeiro curso asista á actividade extraescolar de pintura e formará parte do mural exposición habilitado no corredor do colexio.
Dar as gracias a todo o alumnado participante, profesorado implicado e animalos a seguir traballando nesta liña.



                                              CARTEL SELECCIONADO  4 ANOS B


ALICIA  GARCÍA 5 ANOS B



                                                              GRUPO 3 ANOS B


ANA FREITEZ 5ANOS A


CARLA QUIZA 5 ANOS A