Durante o presente curso e despois de iniciar esta actividade experimentalmente no curso anterior, nos cursos de 1º e 6º de EP, desenvolvemos o CORRECREO ampliando a participación ao alumnado de 5º e 2º de EP.
Con esta actividade pretendemos desenvolver hábitos activos e saudables nos tempos de lecer e favorecer a convivencia entre o alumnado, de tal xeito que se tenda a reducir os conflictos. A participación foi voluntaria, actuando os cursos superiores de dinamizadores dos cursos inferiores e propuxéronse xogos tradicionais que estimularan ao alumnado a desenvolver habilidades motrices básicas, principalmente a carreira.
Podemos considerar muy positiva esta a actividade e plantexaremos a posibilidade de ampliala a tódolos cursos e durante algún día máis da semana de cara ao vindeiro curso.
Agradecemos a colaboración do alumnado e invitámolo a participar no vindeiro curso con máis e mellores actividades.. Moitas gracias!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario