jueves, 7 de junio de 2018

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO

Como en cursos anteriores, desenvolveuse durante o presente curso a actividade extraescolar de atletismo. O alumnado asistente a esta actividade continúa en ascenso progresivo, chegando a alcanzar o número de 30 inscritos ao final de curso.
Con esta actividade pretendemos fomentar a práctica do atletismo e motivar ao alumnado a participar do programa deportivo XOGADE, actividade planificada dentro do Proxecto Deportivo de Centro.
Agradecemos de novo a colaboración da ANPA A Curuxa pola súa implicación e intentaremos que o número de participantes desta actividade continúe crecendo para o vindeiro curso.
Asimesmo, agradecer o traballo que o profe Carlos está facendo co alumnado e facelo partícipe dos resultados acadados.

                             !!!!!MOITAS GRACIAS!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario