Durante o presente curso e dentro da actividade CONviveCON, proposta de convivencia lúdica intercentros, organizamos a primeira xornada no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre. Esta actividade pretende establecer relacións e vínculos de amizade entre o alumnado de 6º curso adscrito ao IES Alfonso X el Sabio da Barcala.
A actividade consistiu nunha camiñata do alumnado do Ceip O Graxal e CEIP Portofaro ata o CEIP Wenceslao seguindo a ruta do río Mero. Unha vez chegados ao colexio, desenvolvéronse xogos entre todo o alumnado en tres zonas diferentes polas que ían rotando. O alumnado compartiu xogos tradicionais, fixeron partidas de brilé e de 3x3 en baloncesto. Despois desta actividade, fíxose un descando para recargar as enerxías e voltar de novo aos colexios de orixe camiñando.
O alumnado manifestou interese por esta actividade que sin lugar a dudas continuará organizándose nos diferentes colexios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario