lunes, 17 de octubre de 2016

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

    CORRETEANDO
Desde o CEIP Portofaro participamos activamente durante estos últimos cursos no plan proxecta, concretamente no programa XOGADE, nas modalidades de campo a través e atletismo en pista. A intención sempre foi crear uns hábitos saudables e unha participación activa nas probas deportivas escolares, aproveitando a infraestructura organizativa que nos aporta o programa Xogade.
Entre otros motivos, para a elección destas modalidades deportivas podemos citar: a posibilidad de facer probas deportivas internas para todo o alumnado, a posibilidad de participar con un gran número de alumnado nas probas locais(sempre de un xeito voluntario) e de movilizar aquel alumnado máis destacado para as diferentes probas de atletismo en pista. Esto permitiunos crear un ambiente deportivo no colexio e unha motivación para a práctica deportiva.
Tamén promoveuse a práctica do atletismo como actividade extraescolar e vemos que se mantén a participación na mesma para o vindeiro curso. Para esto contamos coa colaboración da ANPA do colexio, coa cal debemos seguir colaborando para o desenvolvemento deste Proxecto Deportivo.
Somos conscientes da importancia da continuidad nas prácticas deportivas para o mantemento de hábitos de vida saludable e activa e creemos que a través deste proxecto podemos garantir a continuidade deportiva no futuro e consolidarnos como un centro deportivo. Non sen obviar a importancia destas prácticas para o desenvolvemento das competencias claves establecidas para a Educación Primaria e a importancia do traballo interdisciplinar e colaboración dos diferentes compoñentes da comunidade educativa(familias, profesorado, alumnado, equipo directivo...).
A forma máis visible de obter un producto social relevante e promovendo esta participación e favorecendo as vivencias propias do alumnado, tanto como deportista como espectador, facéndoso críticos coas súas experiencias e establecendo relacións entre as diferentes áreas do currículo, en especial da área de Educación Física e o entorno social onde se desenvolve.

OBXECTIVOS

Entre os obxectivos que nos propoñemos neste proxecto deportivo para este curso enumeraremos os seguintes:
1. Crear e manter hábitos e estilos de vida activa e saudable tanto dentro como fora do colexio.
2. Promover a práctica e coñecemento do atletismo, como deporte básico para o desenvolvemento de habilidades motrices básicas(carreiras, saltos e lanzamentos).
3. Promocionar otros deportes(especialmente minoritarios) en colaboración con diferentes clubes deportivos da contorna.
4. Ampliar a oferta de actividades extraescolares.
5. Organizar probas deportivas internas aproveitando acontecementos e celebracións do colexio.
6. Estimular ao traballo por competencias entre o profesorado a través da área de Educación Física.
7. Coordinar a actividade deportiva escolar e extraescolar organizada no colexio.
8. Dinamizar tempos de ocio no período escolar.
9. Divulgar a actividade deportiva desenvolvida no colexio.

ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS TAREFAS

TAREFA 1: Participación nas probas de campo a través e atletismo en pista dentro do programa Xogade.
Ao longo do curso participaremos nas probas de campo a traves en todas as categorías e nas probas de atletismo en pista(fundamentalmente na modalidade de carreira) e nas distancias posibles, atendendo ás características do alumnado. De cara ao futuro plantexaremos como obxectivo a participación nos concursos(saltos e lanzamentos)  
1.1 Elección do nome e logotipo do equipo.
Elexiremos un nome para o equipo deportivo de entre varias proposta presentados. A elección do mesmo farase por votación de todo o alumnado de Educación Primaria. Do mesmo xeito elexirase un logotipo entre as diferentes propostas plantexadas.
TAREFA 2: Organización da 3ª CARREIRA DO MAGOSTO
No apartado de probas deportivas de organización interna, organizaremos a 3ª CARREIRA DO MAGOSTO, ampliando a participación ao alumnado de 5º de Educación Infantil.
2.1 Personalización de dorsais
Neste curso entregaráselle un dorsal en cartulina a cada alumn@ quen o terá que personalizar con motivos plásticos, quedando no seu poder como lembranza da participación.
2.2 Cartel conmemorativo
Entre o alumnado dos cursos superiores farase un concurso voluntario para deseñar o cartel da proba deportiva. O cartel elexido formará parte do tríptico informativo e entre o alumnado da actividade extraescolar de pintura farán unha ampliación que quedará exposto no colexio.
TAREFA 3: Promoción deportiva
En colaboración con clubes deportivos do entorno promocionaremos os diferentes deportes, con especial atención aos minoritarios e tradicionais. A actividade consistirá nunha primeira intervención para promocionar o deporte e outra na que o alumnado poida demostrar as súas habilidades deportivas(competición interna, olimpiada deportiva...)
TAREFA 4: Recreos activos "CORRECREO"
Ao longo do curso crearemos grupos organizados de práctica do atletismo, de tal xeito que voluntariamente poidan participar nesta actividade orientada á mellora da habilidade de carreira e preparación das probas de campo a través e atletismo en pista.
TAREFA 5: Cursos activos "OS CORRECAMIÑOS"
Iniciaremos unha práctica na que a actividade física sexa un complemento para a mellora do rendemento escolar basado nas carreiras.
TAREFA 6: Elaboración dun blog que sexa a referencia para a promoción do proxecto dentro e fora da comunidade educativa.

METODOLOXÍA

Desde o departamento de Educación Física e entre o profesorado participante deste colexio coordinaranse todas as actividades, programas activos e a relación con entidades deportivas e asociación de nais /pais dando a información ao resto de compoñentes da comunidade educativa nas xuntanzas pertinentes. A metodoloxía basearémola nos seguintes aspectos:
1. Activa e participativa: Implicación do maior número posible de alumnado nas diferentes probas deportivas e do profesorado na organización de actividades.
2. Integradora: tanto a nivel de contidos da área de Educación Física como da relación entre o colexio e asociacionismo deportivo, ANPA….
3. Interdisciplinar: de tal xeito que desde a área de Educación Física poidamos facer máis comprensible a relación desta con outras áreas e contruibuir á adquisición das competencias clave.
4. Adaptada: ao nivel de desenvolvemento motor, interés e necesidade de actividade física do alumnado.
5. Accesible: facilitando a participación de calquera alumn@ que teña algún problema que limite as súas posibilidades.
6. Cooperativa: promovendo a participación en equipos, de tal xeito que o éxito se conciba como resultado do esforzo en común.
7. Progresiva: tentando desde a base educar ao alumnado para a participación en probas deportivas alleas ao colexio ou vinculados a clubes deportivos.
8. Competencial: a práctica deportiva como producto social relevante.

AVALIACIÓN

A avaliación farémola en relación aos obxectivos plantexados neste proxecto deportivo:
1. Participación do alumnado nas diferentes probas deportivas e actividades extraescolares.
2. Alumnado que participa na actividades extraescolar de atletismo.
3. Clubes e asociacións deportivas vinculadas ao proxecto.
4. Oferta anual de actividades deportivas extraescolares.
5. Probas deportivas organizadas durante o curso.
6. Profesorado implicado no proxecto.
7. Alumnado e grupos participantes nas diferentes tarefas propostas.
8. Utilización do blog como recurso para divulgar a actividade deportiva desenvolvida no colexio

No hay comentarios:

Publicar un comentario