lunes, 17 de octubre de 2016

CONCURSO CARTEL 3ª CARREIRA DO MAGOSTO

Neste curso, como en edicións anteriores e dentro do PDC “CORRETEANDO” faremos a elección do cartel conmemorativo desta proba deportiva.
Para estimular a participación do alumnado faremos a proposta en colaboración coa área de Educación Artística e a disposición do docente que imparte a asignatura quen decidirá se a participación é voluntaria ou se dirixe obrigatoriamente a todo o alumnado do curso.
Cada docente que imparta a plástica nos diferentes cursos de E. Primaria promoverá a actividade nas súas sesións tendo en conta que o debuxo terá que estar relacionado co outono e a práctica deportiva da carreira ao aire libre.
Cada docente seleccionará os 2 carteis que considere máis adecuados á temática que serán entregados ao coordinador do proxecto (JUAN CARLOS) quen convocará unha xuntanza entro o profesorado que imparte os contidos de plástica para decidir o cartel representativo. Este pasará a formar parte da exposición no hall do colexio, unha vez elaborado polo alumnado participante na actividade extraescolar de pintura.
No cartel realizado en folio Din A4 (horizontal ou vertical) faremos constar:
III CARREIRA DO MAGOSTO
CEIP PORTOFARO
DATA: 4/11/2017
A Data límite para entrega dos carteis seleccionados por curso será o venres 28 de outubro.  Na semana seguinte decidirase o cartel seleccionado
Axuntamos carteis seleccionados en anteriores edicións que sirvan de referencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario