lunes, 17 de octubre de 2016

PERSONALIZACIÓN DORSAIS 3ª CARREIRA DO MAGOSTO




Unha das tarefas a desenvolver dentro do PDC “CORRETEANDO” é a organización da 3ª Carreira do Magosto. Para esta tarefa neste curso, plantexamos a actividade de personalizar os dorsais dos participantes, polo que estos serán entregados en cartulina a cada alumn@ para que os adorne e decore como considere adecuado.
A actividade farase en colaboración coa área de Educación Artística, polo que serán entregados ao profesorado que imparte esta disciplina para facelo no horario de plástica.
A técnica plástica a utilizar decidirala o docente co alumnado, dando ideas ou pautas para a súa persanalización, tendo en conta que despois vai a ter que utilizalo na carreira e ten que estar suxeito cun imperdible.
A cada alumn@ entregaráselle o número que teña na listaxe de aula actualizada que acompañará aos dorsais. Unha vez personalizado quedarán na aula ata o día da carreira e serán entregados polo titor/a correspondente.
A data prevista para a carreira é o vindeiro venres  4/11/2017.





No hay comentarios:

Publicar un comentario