lunes, 24 de octubre de 2016

III CARREIRA DO MAGOSTO


Unha vez máis organizamos a nosa carreira do magosto. Xa estamos tod@s ilusionados por poder participar y demostrar do que somos capaces. Este ano acompañarannos tamén os de 4 anos, así que dámoslles a benvida e ánimos para seguir participando.
Publicamos tríptico informativo e percorrido para que vaiades preparando a carreira.

                                    Xa chegamos ao magosto
                                    con ganas de disfrutar,
                                    xa chegamos ao magosto
                                    e nas carreiras ímos participar







lunes, 17 de octubre de 2016

PERSONALIZACIÓN DORSAIS 3ª CARREIRA DO MAGOSTO




Unha das tarefas a desenvolver dentro do PDC “CORRETEANDO” é a organización da 3ª Carreira do Magosto. Para esta tarefa neste curso, plantexamos a actividade de personalizar os dorsais dos participantes, polo que estos serán entregados en cartulina a cada alumn@ para que os adorne e decore como considere adecuado.
A actividade farase en colaboración coa área de Educación Artística, polo que serán entregados ao profesorado que imparte esta disciplina para facelo no horario de plástica.
A técnica plástica a utilizar decidirala o docente co alumnado, dando ideas ou pautas para a súa persanalización, tendo en conta que despois vai a ter que utilizalo na carreira e ten que estar suxeito cun imperdible.
A cada alumn@ entregaráselle o número que teña na listaxe de aula actualizada que acompañará aos dorsais. Unha vez personalizado quedarán na aula ata o día da carreira e serán entregados polo titor/a correspondente.
A data prevista para a carreira é o vindeiro venres  4/11/2017.





CONCURSO CARTEL 3ª CARREIRA DO MAGOSTO

Neste curso, como en edicións anteriores e dentro do PDC “CORRETEANDO” faremos a elección do cartel conmemorativo desta proba deportiva.
Para estimular a participación do alumnado faremos a proposta en colaboración coa área de Educación Artística e a disposición do docente que imparte a asignatura quen decidirá se a participación é voluntaria ou se dirixe obrigatoriamente a todo o alumnado do curso.
Cada docente que imparta a plástica nos diferentes cursos de E. Primaria promoverá a actividade nas súas sesións tendo en conta que o debuxo terá que estar relacionado co outono e a práctica deportiva da carreira ao aire libre.
Cada docente seleccionará os 2 carteis que considere máis adecuados á temática que serán entregados ao coordinador do proxecto (JUAN CARLOS) quen convocará unha xuntanza entro o profesorado que imparte os contidos de plástica para decidir o cartel representativo. Este pasará a formar parte da exposición no hall do colexio, unha vez elaborado polo alumnado participante na actividade extraescolar de pintura.
No cartel realizado en folio Din A4 (horizontal ou vertical) faremos constar:
III CARREIRA DO MAGOSTO
CEIP PORTOFARO
DATA: 4/11/2017
A Data límite para entrega dos carteis seleccionados por curso será o venres 28 de outubro.  Na semana seguinte decidirase o cartel seleccionado
Axuntamos carteis seleccionados en anteriores edicións que sirvan de referencia.