A continuación publicamos os resultados dos diferentes cursos na V Carreira do Magosto, desenvolvida o pasado 11 de novembro no circuito do río Mero.
miércoles, 5 de diciembre de 2018
viernes, 9 de noviembre de 2018
APRAZAMENTO V CARREIRA DO MAGOSTO
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas a V Carreira do Magosto aprázase para o vindeiro venres 16 de novembro. Axuntamos predicción meteorolóxica para esa data.
lunes, 5 de noviembre de 2018
V CARREIRA DO MAGOSTO
A continuación presentamos tríptico informativo da quinta edición da carreira do magosto. Esperamos que o tempo nos acompañe.
ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!
ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!
CONCURSO CARTEIS "V CARREIRA DO MAGOSTO"
Como en edicións anteriores, durante o presente curso desenvolveuse o concurso para elexir o cartel representativo da V Carreira do magosto. Participaron todos os cursos da Educación Primaria, demostrando as súas habilidades artísticas.
Cada curso que pasa se toman con máis interese a participación neste concurso o que fai que cada ano sexa mais dificultosa a súa elección polo nivel demostrado. Animamos a todo o alumnado a continuar participando desta actividade e a prepararse para a carreira que se celebrará o vindeiro día 9 de novembro no circuito do Río Mero.
Axuntamos carteis finalistas e cartel seleccionado no presente curso 2018/19.
CARTEL SELECCIONADO
CARTEIS FINALISTAS
CARTEL SELECCIONADO
JAIME REY 5ºB |
CARTEIS FINALISTAS
NEREA RIVAS 6ºB |
RAN YAN 4ºB |
CANDELA VELÁZQUEZ 5ºA |
ALEJANDRA SEIJAS 6ºB |
CARMEN SANDE 1ºA |
CHRISTIAN RODRÍGUEZ 5ºA |
CAROLINA CAPARRA 6ºB |
CANDELA ALDREY 6ºA |
martes, 23 de octubre de 2018
PROMOCIÓN DEPORTIVA: REMO
Outra das actividades a desenvolver no Proxecto Deportivo de Centro é a promoción de deportes minoritarios. Esta actividade desenvolveuse coa colaboración do Clube de Regatas de Perillo e consistiu nunha camiñata seguindo o paseo da Ría do Burgo ata as instalacións do clube, na praia de Sta Cristina. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 6º curso e alí coñeceron algunhas das embarcacións de remo tradicional e outras utilizadas para a aprendizaxe da técnica de remo, así como a súa familiarización co material e vocabulario específico do deporte do remo.
O tempo acompañou a actividade e facilitou o desenvolvemento da mesma coa que se pretende dar a coñecer outros deportes, as habilidades e capacidades físicas que se requiren e a súa práctica no entorno próximo do alumnado.
Ahora só queda darlle continuidade, de tal xeito que todo o alumnado de 6º curso poida ter esta experiencia deportiva na súa escolarización.
lunes, 22 de octubre de 2018
CONviveCON: PRIMEIRA XORNADA DE CONVIVENCIA INTERCENTROS
Durante o presente curso e dentro da actividade CONviveCON, proposta de convivencia lúdica intercentros, organizamos a primeira xornada no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre. Esta actividade pretende establecer relacións e vínculos de amizade entre o alumnado de 6º curso adscrito ao IES Alfonso X el Sabio da Barcala.
A actividade consistiu nunha camiñata do alumnado do Ceip O Graxal e CEIP Portofaro ata o CEIP Wenceslao seguindo a ruta do río Mero. Unha vez chegados ao colexio, desenvolvéronse xogos entre todo o alumnado en tres zonas diferentes polas que ían rotando. O alumnado compartiu xogos tradicionais, fixeron partidas de brilé e de 3x3 en baloncesto. Despois desta actividade, fíxose un descando para recargar as enerxías e voltar de novo aos colexios de orixe camiñando.
O alumnado manifestou interese por esta actividade que sin lugar a dudas continuará organizándose nos diferentes colexios.
martes, 26 de junio de 2018
CORRECREO
Durante o presente curso e despois de iniciar esta actividade experimentalmente no curso anterior, nos cursos de 1º e 6º de EP, desenvolvemos o CORRECREO ampliando a participación ao alumnado de 5º e 2º de EP.
Con esta actividade pretendemos desenvolver hábitos activos e saudables nos tempos de lecer e favorecer a convivencia entre o alumnado, de tal xeito que se tenda a reducir os conflictos. A participación foi voluntaria, actuando os cursos superiores de dinamizadores dos cursos inferiores e propuxéronse xogos tradicionais que estimularan ao alumnado a desenvolver habilidades motrices básicas, principalmente a carreira.
Podemos considerar muy positiva esta a actividade e plantexaremos a posibilidade de ampliala a tódolos cursos e durante algún día máis da semana de cara ao vindeiro curso.
Agradecemos a colaboración do alumnado e invitámolo a participar no vindeiro curso con máis e mellores actividades.. Moitas gracias!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)