Durante este curso 2016/17 e como un dos primeiros pasos
dentro do PDC(Proxecto Deportivo de Centro) faremos a elección do nome e logotipo do equipo que representará ao colexio nas
diferentes competicións deportivas.
Con esta actuación pretendemos crear unha identidade e
unidade que xunte e represente a toda a comunidade educativa e sirva de
referente deportivo.
O nome elexido e o logotipo serán serigrafiados no material
deportivo, cartelería e documentos de información deportiva utilizados nas diferentes
probas que se organicen ou nas que se participe.
En primeiro lugar faremos unha proposta de nomes que nos
poidan representar que será votada por todo alumnado de Educación Primaria e
profesorado mediante unha enquisa, resultando elexida a máis votada. En caso de
empate dirimirase o mesmo cunha segunda votación entre as opcións máis votadas.
Seguidamente faremos unha proposta ou idea de logotipo e o
alumnado poderá participar desenvolvendo e adaptando a idea inicial. Ao logo
engadiremos o nome elexido.
Esta actividade para deseño do logo farase en todos os cursos de primaria como actividade da área de
Educación Artística, facilitando a participación de todo o alumnado e
implicación do profesorado.
MODELO PAPELETA
CAL QUERES QUE SEXA O NOME
DO EQUIPO DEPORTIVO QUE REPRESENTE A ESTE COLEXIO NAS DIFERENTES PROBAS
DEPORTIVAS?
Sinalar unha
dentre as opción propostas
No hay comentarios:
Publicar un comentario