martes, 8 de noviembre de 2016

CURSOS ACTIVOS: 2º EDUCACIÓN PRIMARIA




"Corremos porque é saude "
Esta sería a máxima na que nos baseamos para facer a actividade tódolos días. Encárgannos a formacion "integral" do alumnado e estranamente obviamos a parte que os vai a acompañar durante toda a súa vida: o seu corpo.
Superada a visión da Educación Física como unha orientación deportiva temperá ( sen menospreciala) coidamos que debemos centrarnos na Educación Física como a base de adquisición de hábitos saudables  entendidos coma: alimentación saudable, descanso reparador e exercicio físico.
Pois ben, a actividade dende a súa humildade e sinxeleza busca dotar os alumnos dun hábito que aspiramos que os acompañe o resto das súas vidas : o exercicio físico moderado coma obxetivo en si mesmo.
Correr cada día 10/15 min cada quen segundo as súas posibilidades e capacidades, constitue unha base para unha vida sana e completa . Aumentamos a concentración, melloramos o ritmo respiratorio, segregamos adrenalina, previmos enfermIdades  e un longo etcetera. Iso é o  que nós humildemente buscamos.


SERGIO MANTEIGA 







No hay comentarios:

Publicar un comentario