lunes, 28 de noviembre de 2016

CAMPO A TRAVÉS: CARREIRA LOCAL "AS MARIÑAS" CURSO 2016/17



No mes de xaneiro comezamos as probas deportivas de campo a través dentro do programa XOGADE. Como ven sendo habitual a primeira corresponde á proba local “As Mariñas” onde os nosos equipos competirán cos outros colexios da zona. Este curso esperamos incrementar o número de participantes e o número de alumnado clasificado para a proba intercomarcal a disputar o sábado 21 de xaneiro no circuito habitual de Acea de Ama
Facemos un resumo dos aspectos máis importantes da proba e axuntamos enlace para visualizar normativa completa con recorrido por categoría.

                     !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ÁNIMO PORTOFARO!!!!!!!!!!!!!!!!!!


CATEGORÍAS:
BENXAMÍN: nados nos anos 2009-2008 masculino e feminino.
ALEVÍN.....:  nados nos anos 2007-2006 masculino e feminino.
INFANTIL..:  nados nos anos 2005-2004 masculino e feminino.
CADETE....: nados nos anos 2003.2002 masculino e feminino.

LUGAR E DATA
Parque Acuático de Acea da Ma (Culleredo) o xoves 12 de xaneiro de 2017

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará formado por seis corredores/as, dos/as que puntuarán os/as catro mellor clasificados/as ou tres (só na categoría cadete). Non se poderá completar un equipo con atletas de  categorías inferiores.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo.
Para o Campionato Intercomarcal clasificaranse os dous mellores equipos e os/as oito primeiros/asatletas de cada categoría.

HORARIO DAS PROBAS XORNADA “AS MARIÑAS”

Hora            Categoría                 Distancia aprox.
10.30       Benxamín fem.                     500 m
10.40       Benxamín mas.                    500 m
10.50       Alevín fem.                           800 m
11.00       Alevín mas.                        1000 m
11.15       Infantil fem.                        1000 m
11.30       Infantil mas.                       1.200 m
11.45       Cadete fem.                       1.200 m
12.00       Cadete mas.                      2.500 m

VESTIARIOS
Estarán a disposición de todos os participantes debidamente sinalizados, os vestiarios dentro das instalaións do parque Acuático de Acea da ma (Culleredo), a altura do circuíto na parte alta do Parque.
Recomendase que os deportistas traian calzado, calcetíns e roupa de reposto, toalla, roupa de abrigo.

PREMIOS:
1º equipos de cada categoría: Trofeo
1º, 2º, 3º Individuais de cada categoría: Medalla





lunes, 21 de noviembre de 2016

CONCURSO DE CARTEIS 3ª CARREIRA DO MAGOSTO



A continuación publicamos o cartel representativo da III CARREIRA DO MAGOSTO. Darvos as gracias a todo o alumnado que colaborastes na mesma e dicirvos que foi moi difícil a súa elección, xa que o nivel dos mesmos fixo que varios carteis chegaran á fase final.
O cartel representativo da carreira elexido foi o traballo feito por YAIZA CARBALLEIRA GONZÁLEZ de 5ºA. Nel valorouse a creatividade plástica e o espíritu participativo da carreira, na que con textos alude ao ánimo e importancia do esforzó na participación. Agora este traballo pasará a mans do alumnado que participa na actividade extraescolar de pintura, quenes serán os encargados de facer un cuadro que despois exporase no hall do colexio, quedando como recordo da carreira.
Agardamos que esta actividade sexa estimulante para que na próxima carreira o alumnado participe e mellore a calidade dos seus traballos.
Publicamos todos aqueles carteis finalistas nos que destacamos a imaxinación e plasticidade visual dos mesmos.

GRACIAS A TOD@S


CARTEL SELECCIONADO

                                           AUTORA: YAIZA CARBALLEIRA GONZÁLEZ 5ºA



CARTEIS FINALISTAS

     AUTORA: ALICIA RODRÍGUEZ ROSAL 4ºB






                                               AUTORA: HELENA PONTE ÁLVAREZ 3ºB



                                                 AUTORA: ANTÍA PAINCEIRAS 6ºA




                                             AUTORA:ALEJANDRA CELA FERNÁNDEZ 5ºA

ELECCIÓN NOME DO EQUIPO DEPORTIVO



Durante este curso 2016/17 e como un dos primeiros pasos dentro do PDC(Proxecto Deportivo de Centro) faremos a elección do nome e logotipo do equipo que representará ao colexio nas diferentes competicións deportivas.
Con esta actuación pretendemos crear unha identidade e unidade que xunte e represente a toda a comunidade educativa e sirva de referente deportivo.
O nome elexido e o logotipo serán serigrafiados no material deportivo, cartelería e documentos de información deportiva utilizados nas diferentes probas que se organicen ou nas que se participe.
En primeiro lugar faremos unha proposta de nomes que nos poidan representar que será votada por todo alumnado de Educación Primaria e profesorado mediante unha enquisa, resultando elexida a máis votada. En caso de empate dirimirase o mesmo cunha segunda votación entre as opcións máis votadas.
Seguidamente faremos unha proposta ou idea de logotipo e o alumnado poderá participar desenvolvendo e adaptando a idea inicial. Ao logo engadiremos o nome elexido.
Esta actividade para deseño do logo farase en todos os cursos de primaria como actividade da área de Educación Artística, facilitando a participación de todo o alumnado e implicación do profesorado.



MODELO PAPELETA

CAL QUERES QUE SEXA O NOME DO EQUIPO DEPORTIVO QUE REPRESENTE A ESTE COLEXIO NAS DIFERENTES PROBAS DEPORTIVAS?

DEPORFARO

ATLÉTICO PORTOFARO

SUPERFARO


Sinalar unha dentre as opción propostas