Durante este mes de marzo e abril están desenvolvendose as probas de atletismo en pista nas diferentes categorías. Estas probas teñen lugar nas pistas de atletismo do INEF(Bastiagueiro) e nas pistas da Malata(Ferrol).
Desde o colexio tentaremos participar no maior número posible de días e probas, dando a coñecer esta modalidade atlética a todo o alumnado que participou nas probas de campo a través e participa na actividade extraescolar de atletismo.
Desde este apartado do blog iremos poñendo enlaces dos resultados das probas nas que imos participando, así como no taboleiro deportivo do colexio.
Esperamos unha boa participación e a mellora de marcas persoais dos atletas que participaron en edicións anteriores e agradecemos a colaboración da ANPA A Curuxa, poñendo a disposición do colexio recursos humanos para colaborar na organización da actividade deportiva.
ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!