Outra das actividades a desenvolver no Proxecto Deportivo de Centro é a promoción de deportes minoritarios. Esta actividade desenvolveuse coa colaboración do Clube de Regatas de Perillo e consistiu nunha camiñata seguindo o paseo da Ría do Burgo ata as instalacións do clube, na praia de Sta Cristina. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 6º curso e alí coñeceron algunhas das embarcacións de remo tradicional e outras utilizadas para a aprendizaxe da técnica de remo, así como a súa familiarización co material e vocabulario específico do deporte do remo.
O tempo acompañou a actividade e facilitou o desenvolvemento da mesma coa que se pretende dar a coñecer outros deportes, as habilidades e capacidades físicas que se requiren e a súa práctica no entorno próximo do alumnado.
Ahora só queda darlle continuidade, de tal xeito que todo o alumnado de 6º curso poida ter esta experiencia deportiva na súa escolarización.