Nunha xornada calurosa e con retraso por problemas técnicos na xornada da tarde, @s atletas do Atlético Portofaro deron a cara nas probas nas que participaron, establecendo un record de participación aínda que por causas persoais algunh@s non puideron estar presentes.
Continuamos mellorando en canto a participación e resultados. Algunh@s atletas melloraron as súas marcas persoais e obtivéronse postos relevantes tendo en conta a calidade dos participantes.
Destacar o 5º posto de Leo Fernández Rodríguez na proba de 1000 ml Benxamín, establecendo a súa marca persoal en 3:51:06 e superando en 8 segundos o ranking do colexio na categoría e proba que tiña Brais Hernández Junco. Outros postos relevantes foron o 6º posto de Brais Hernández Junco na proba de 500 ml alevín e do que non dispoñemos de marca por os problemas no control de tempos, aunque seguro que mellorou a marca anterior de 1:39; o 7º posto de David Pérez Longueira con mellora da marca persoal e record do colexio(3:49:85) na proba de 1000 ml na categoría alevín e o 7º posto de Carlos Morente na proba de 1000 ml benxamín, rebaixando a súa marca persoal en 9 segundos(3:55:01).
O resto de participantes cumpriron sobradamente coas expectativas y aunque os postos non foron tan relevantes, algunh@s melloraron as súas marcas persoais.
Con esta competición damos por finalizada a participación nas probas de atletismo por este curso e continuamos ilusionados preparando o seguinte.
Achegamos resultados das probas nas que participamos neste campionato.
ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario