jueves, 25 de mayo de 2017

ELECCIÓN DO LOGOTIPO DO ATLÉTICO PORTOFARO

Despois da participación do alumnado de primaria na elaboración do logotipo que vai representar ao equipo deportivo "ATLÉTICO PORTOFARO", temos que resaltar a calidade dalgunhos traballos e o interese do alumnado por facer un traballo vistoso e atractivo.
A elección dun traballo destas características non foi fácil e tivemos en conta a sencillez, claridade do traballlo e o significado que ten para o alumnado co diseña. Varios dos traballos foron elexidos como finalistas pero temos que salientar o elaborado por LAURA LÓPEZ PARDO de 6ºA.
Agradecer a participación de todo o alumnado e facelos partícipes do resultado, xa que o logotipo vainos representar a tod@s nas diferentes probas deportivas nas que se participe.

Sobre o traballo realizado por Laura, ela manifesta o significado do mesmo:
"Fixen este logotipo porque representa o espíritu deportivo do noso colexio. A pista de atletismo representa as carreiras que realizamos todos os anos. A parte verde é a herba que é por onde corremos nas carreiras. Debuxei a pista e a herba porque podemos correr por onde queiramos, porque choiva ou trone, non hai quen nos frene.
Por último o faro é unha homenaxe ao nome do noso colexio, que está a brillar porque é a luz que nos guía ata a victoria"             




                                                 LOGOTIPOS FINALISTAS


AITOR REY 3ºB

ALEJANDRA CRIADO 3ºB

ANGELA FONTECOBA 6ºB


ANTIA PAINCEIRAS 6ºA


IRENE SEIJAS 1ºB


JAIME REY 3ºA


MARÍA PATO2ºB


 MARTA PAREDES 6ºB
                                                            


                                                    MARTINA CASTRO 1ºB


                                                 NATALIA GARRIDO 4ºA   


                                                     NOA RODRIGUEZ 6ºB



                                                      MATEO SANCHEZ 3ºA 

























                                                      ANDREA DASILVA 2ºB

lunes, 22 de mayo de 2017

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA

Nunha xornada calurosa e con retraso por problemas técnicos na xornada da tarde, @s atletas do Atlético Portofaro deron a cara nas probas nas que participaron, establecendo un record de participación aínda que por causas persoais algunh@s non puideron estar presentes. 
Continuamos mellorando en canto a participación e resultados. Algunh@s atletas melloraron as súas marcas persoais e obtivéronse postos relevantes tendo en conta a calidade dos participantes.
Destacar o 5º posto de Leo Fernández Rodríguez na proba de 1000 ml Benxamín, establecendo a súa marca persoal en 3:51:06 e superando en 8 segundos o ranking do colexio na categoría e proba que tiña Brais Hernández Junco. Outros postos relevantes foron o 6º posto de Brais Hernández Junco na proba de 500 ml alevín e do que non dispoñemos de marca por os problemas no control de tempos, aunque seguro que mellorou a marca anterior de 1:39; o 7º posto de David Pérez Longueira con mellora da marca persoal e record do colexio(3:49:85) na proba de 1000 ml na categoría alevín e o 7º posto de Carlos Morente na proba de 1000 ml benxamín, rebaixando a súa marca persoal en 9 segundos(3:55:01).
O resto de participantes cumpriron sobradamente coas expectativas y aunque os postos non foron tan relevantes, algunh@s melloraron as súas marcas persoais.
Con esta competición damos por finalizada a participación nas probas de atletismo por este curso e continuamos ilusionados preparando o seguinte.
Achegamos resultados das probas nas que participamos neste campionato.

                            ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!







lunes, 15 de mayo de 2017

NORMATIVA CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA

Achegamos normativo do campionato provincial de atletismo en pista que se vai a desenvolver nas pistas da Alta(POBRA DO CARAMIÑAL) o vindeiro 20 de maio:




HORARIOS E PROBAS POR CATEGORÍA