De excelente podemos destacar a actuación do Atlético Portofaro na proba intercomarcal de campo a través celebrada na zona da Torre de Hércules o pasado sábado 21 de xaneiro.
Tendo en conta a competitividade existente nesta proba, a maioría son equipos pertencentes a clubes de atletismo da comarca o equipo do noso colexio obtivo uns bos resultados con todos os equipos que clasificou na fase anterior:
- 3º clasificado por equipos na categoría benxamín femenino.
- 2º clasificado por equipos na categoría benxamín masculino.
- 3º clasificado por equipos na categoría alevín femenino.
Tendo en conta estos resultados destacar a clasificación do equipo benxamín masculino para a vindeira proba, o Campeonato Provincial de campo a través que se vai a disputar o sábado 18 de febreiro na localidade a designar.
A nivel individual tamén estaremos representados mas categorías alevín masculina, DAVID PÉREZ obtivo o sétimo posto na clasificación xeral o que lle permite acceder ao Campeonato Provincial. Na categoría alevín feminino estaremos representados por AMAIA VIDAL, quen tamén obtivo o sétimo posta na clasificación xeral.
No resto das categorías tivemos unha actuación destacada pero non dentro dos oito primeros postos que daban acceso ao Provincial.
Así que a seguir traballando para continuar coa mellora acadada e conseguir novos logros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario