jueves, 21 de febrero de 2019

PRESENTACION EQUIPOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Presentamos equipos que participarán o vindeiro venres 22 de febreiro no campionato provincial de campo a través escolar, en NOIA. 
A esta cita deportiva acudiremos cun equipo benxamín feminino, un equipo alevín masculino, unha atleta individual en categoría infantil e un atleta en categoría benxamín masculina. Na mañá de onte fixemos entregada da indumentaria e presentación dos equipos no hall de colexio. Esperemos que nos representen como colexio coa máxima ilusión e gañas e desexamos obteñan moitos éxitos deportivos.

                            ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!



Engadimos tamén plano do circuito de competición.



jueves, 7 de febrero de 2019

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS PARA CENTROS ESCOLARES

O vindeiro venres 22 de febreiro desenvolverase en Noia o campionato provincial de campo a través para centros escolares. O CEIP PORTOFARO estará presente con dous equipos clasificados, na categoría benxamín feminino e na alevín masculino, así como dous atletas clasificados a nivel individual na categoría benxamín masculina(DIEGO PAZOS) e infantil feminino(JUNE FANDIÑO).
Consideramos un acerto recuperar este tipo de proba escolar, o que fai que se prolongue a competición, restrinxida anteriormente pola presenza nas probas dos clubes de atletismo.
Desde o colexio pretendemos fomentar a práctica a nivel xeral independentemente do resultado acadado, potenciando o traballo en equipo e tentando clasificar ao maior número de equipos posible e facer desta proba unha competición puramente escolar e motivante para unha futura práctica deportiva polivalente.
Achegamos cartel da proba e continuaremos informando sobre o desenvolvemento desta proba deportiva.