jueves, 31 de mayo de 2018

CARTEL 1ª CARREIRA DAS FLORES

Entre o alumnado de Educación Infantil fíxose un concurso de cartel para elexir o que representaría dita proba no presente curso 2017/18. De todos os traballos realizados elexíronse catro carteis finalistas, sendo o traballo seleccionado o realizado por CARMEN SANDE MAGALHAES de 5 anos A.
A continuación expoñemos ditos carteis e agradecemos a colaboración do profesorado e alumnado de infantil para a celebración de dita proba deportiva.


CARMEN SANDE MAGALHAES 5A


TANIA RODRÍGUEZ BUSTABAD 5B



DANIELA JOSÉ SUÁREZ FACAL 5B



ROCÍO LOZANO SOUTO 5B

1ª CARREIRA DAS FLORES

O vindeiro luns 4 de xuño desenvolverase no circuito do recinto escolar a 1ª Carreira das Flores entre o alumnado de Educación Infantil. Esta actividade está programada dentro das probas deportivas a desenvolver no Proxecto Deportivo de Centro no presente curso e ten como obxectivo estimular e motivar ao alumnado de Educación Infantil na práctica das carreiras de atletismo e á participación ao longo da Educación Primaria nas probas escolares de atletismo.
Para a súa organización contamos coa colaboración do alumnado de 6º curso de Educación Primaria, aqueles que participan na actividade extraescolar de atletismo, quenes se encargarán da organización do circuito e control das probas.
O resto de alumnado de primaria poderá acudir como público para animar aos máis pequenos nas carreiras, creando un ambiente festivo e deportivo no colexio.

                        !!!!ÁNIMO ATLÉTICO PORTOFARO!!!!